miércoles, 29 de mayo de 2013

HORACIO, O DO BASURERO


Hai moitos anos, nos montes de Reboreda, había un vertedoiro a onde se levaba todo o lixo da zona. Alí estaba sempre un home que se chamaba Horacio.  Era un home bo, pero non estaba moi ben
da cabeza.
Contan os avós, que collía cacharros, colgábaos da cintura e paseaba con eles pola estrada de Reboreda. Fixo unha casa no vertedoiro con cartón e paos de eucalipto e moitas veces durmía alí. Enfadábase moito cando algún coche lle tocaba a bocina ou cando alguén se metía con él, entón tiráballes pedras.
Era moi coñecido por todos os veciños, pero os nenos tíñanlle un pouco de medo, porque sempre lles dicía algunha cousa cando pasaba a carón deles. Agora desapareceu o vertedoiro do lixo e con él tamén Horacio, porque xa non se volveu a ver mais por aquí.Pero aínda se segue falando en moitas casas de “Horacio, o do Basurero”

            Alex Barros 6º

No hay comentarios: