sábado, 19 de enero de 2008

CREANDO CONTOS

Os nenos/as de 4º de Primaria están a dar pasos de xigante no seu camiño como autores de fama mundial.
Entre todos fixemos o principio dunha historia respondendo as preguntas: quen foi?, onde foi?, e que lle pasou?. Cada un respondeu a unha das preguntas e pasoulle a folla ao seu compañeiro. Así saíronnos principios moi orixinais que deron lugar ás seguintes historias:

Andrea Míguez (4º Primaria)
Érase unha vez un neno chamado Manolo. Manolo tiña un compañeiro moi especial. Era un oso que se chamaba Xoán. Os dous estaban xuntos todo o tempo.
Un día decidiron ir dar unha volta pola aldea, pero como se aburrían apeteceulles subir ao monte para ver animais.
Cando chegaron ao monte non viron ningún animal pero sí unha chea de tractores que andaban dun lado para outro. Un deles pasoulles tan preto que tiveron que arrimarse a beira do camiño para deixalo pasar. Manolo, que era moi xogueton, decidiu saltar unha pedra e como estaba á beira do camiño caiu de cu por un barranco abaixo.
O seu oso quixo botarlle unha man, pero non, por máis que se esforzou, o único que conseguiu foi caer el tamén.
O home do tractor ao escoitar o ruído que fixo o oso ao caer desuse conta de que pasaba algo raro e foi ver. Alí estaban o oso máis Manolo no fondo do barranco. O home colleu unha corda do seu tractor e botoulla. Pouco a pouco o oso máis Manolo foron subindo.
Á noitiña, cando chegaron á casa, contáronlle a súa avoa a súa aventura no monte, e, así, un día aburrido, converteuse nun día moi especial.


Sara (4º Primaria): “Os gatos máis contentos”
Había unha vez un gato que vivía en Marte. Un día o gato caiu por un barranco. Co golpe quedou inconsciente. Ao día seguinte, cando espertou, non se lembraba de nada, nin sequera do seu nome. Pensaba e pensaba pero nada, non era quen de lembrar ningunha cousa. O gato comezou a porse moi triste e a sentirse moi só. Tiña unha pena tan grande que deixou de comer. Pasou un mes enteiro e o noso gato seguía triste e moi, moi, moi fraco. De súpeto, apareceu outro gato cunha corda e sacouno daquel buraco. Ao velo tan fraquiño decidiu levalo a un dos mellores restaurantes para gatos de Marte. Unha vez alí, o noso gato comeu ata fartar. Xa comido era hora de tomar un bo descanso, así que os dous gatos buscaron unha boa caixa de cartón e durmiron xuntiños toda a noite. Ao día seguinte, cando espertaron o noso gato mirou ao seu compañeiro e, de súpeto, xa non lle importou ter perdido a memoria porque tiña un novo amigo.

Nerea (4º Primaria): “Un can que vivía en Redondela”
O outro día fun a Redondela e encontreime cun can moi bonito. O can comezou a seguirme. Era un can moi bonito.
Cando cheguei a casa ensineille o can á miña nai. A miña nai comezou a berrarme, non quería cans na casa. Eu pedinlle por favor que mo deixara quedar, chorei, pataleei, supliquei, ... coa rabia ata arriquei os botóns da chaqueta pero non houbo maneira. O que si conseguín foi un bo castigo.
Resignado levei o can á casa dunha amiga pero tampouco lle deixaron quedarse co can. Despois de varios intentos ocurríusenos, aos seus amigos máis a min unha gran idea.
Ao día seguinte, ao chegar ao colexio construimos unha caseta entre todos e, logo, comprámoslle un collar e un xoguete.
Tivemos que darlle unha ducha e cepillalo moi ben.
Cando o noso can estaba listo votamos para porlle un nome e despois de moitas deliberacións puxémoslle: Roqui.
Dende ese día imos todos os días onda el. Nunca está só.
Agora estamos adestrándoo para que aprenda a sentarse, a poñerse en dúas patas, a deitarse e ata queremos que baile. Porque , como sabemos todos, ao cole vense a aprender.